Con sal e breixo
As avoas son grandes contadoras de historias, e neste caso o conto lévanos á costa galega na que se foi a luz. Mariña será a encargada de acender os faros no seu camiño, manter o pobo protexido e pescudar quen anda detrás deste asunto. Serás quen de axudala a devolver a luz a Galicia?
Con sal e breixo é un xogo de plataformas 2D no que acompañarás a Mariña na súa viaxe, recollendo breixo e protexendo os veciños ata atopar o culpable e espantalo. Serán as meigas, os trasnos... ou, ¿quizais o Gatipedro?
Aínda que actualmente só conta cun nivel, o deseño contempla oito (baseados nas etapas do Camiño dos Faros, de Malpica a Fisterra) e un final trepidante.
¿Queres formar parte da historia?
Acompaña a Mariña nesta aventura chea de sal, breixo e moita maxia galega.
--Creditos--
- Arte, historia e textos : Andrea Gutiérrez.
- Deseño e programación: Manuel Otero
- Música: Pizza Doggy(https://pizzadoggy.itch.io/cozy-tunes)
- Sons: Atelier Magicae e Nox_Sound_Design
- Asset Fondo: Fondo(itch.io): saukgp
--Agradecementos pola inspiración a:
- Clara Cerviño (obras dos faros: https://claracervino.com/)
- Asoc. O Camiño dos Faros (información do camiño https://www.caminodosfaros.com/)
- Álvaro Cunqueiro polas historias do Gatipedro
| Status | Released |
| Platforms | HTML5 |
| Author | devMO |
| Genre | Platformer |
| Made with | Godot |
| Tags | 2D, amorodojam, Indie, Narrative, Singleplayer |






Comments
Log in with itch.io to leave a comment.
Boas, desculpa que contactemos así...
Dende a Fundación Carlos Casares estamos contactando con perfís de Itch.io que facedes videoxogos en galego. Estamos organizando unha game jam, titulada "Dende o galego, con humor", para crear un prototipo de videoxogo en lingua galega entre o 5 e o 12 de decembro, con premios en metálico. Gustaríanos que participases se tes opción e tamén que fagas difusión.
Podes acceder á jam e ás bases neste enlace: https://itch.io/jam/dende-o-galego-con-humor-game-jam-con-premios
Grazas!!